Somos estudosos do noso oficio, aventureiros creativos en constante procura. Para elo fundamos, en paralelo á produtora cinematográfica, unha compañía teatral, con vocación internacional. Profundamos nos grandes textos do teatro universal para descubrir aqueles principios que nos permiten facer mellores películas.
Shakespeare, Ibsen, Moliére… Afrontamos a montaxe desta primeira triloxía de clásicos para estudar a traxedia, o drama e a comedia.
Actualmente, a compañía atópase en xira dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios, así como en La Red Española de Teatros.