1879 CASA
DE BONECAS

Sinopse. 
Unha escura versión do clásico de Ibsen para dous actores, que concentra todas as forzas antagónicas nos seus personaxes protagonistas: Nora e Torvaldo. Xoán Carlos Mejuto propón ao espectador unha inmersión na intimidade do matrimonio e convírteo nun mirón indiscreto, obrigándoo a reflexionar sobre un dos paradigmas máis arraigados da nosa sociedade: o sistema patriarcal.

#Critica e medios

A compañía Estudo Momento representa durante novembro no teatro OFF Latina a súa versión en castelán de «Casa de bonecas»

Xornal ABC

Falan de nos:
· Revista Godot
· Revista prográmate
· Teatro Madrid
· Fugas
· Sermos
· Revista Pop Up

Críticas:
· Diario Crítico / Leer
· Agolpedeefecto / Leer
· El Lobo Estepario / Leer
· Proyecto Duas / Leer
· Butaca Anfiteatro / Leer

#o reparto

IRIA ARES e XOAN CARLOS MEJUTO

Estudo Momento empeza a súa aventura teatral con esta versión de Casa de Bonecas, fruto do traballo de investigación sobre técnicas teatrais de interpretación e dirección que Iria Ares e Xoán Carlos Mejuto iniciaran en 2016 durante unha residencia artística na Sala Gurugú de A Coruña. 

Desde aquela, aplicarán ás súas montaxes e ás súas interpretacións e direccións principios, recursos e metodoloxías de traballo propias dos pedagogos e mestres David Mamet, Sanford Meisner, Michael Chéjov e Graham Dixon.

Para esta versión, profundaron na técnica de Sanford Meisner, o que lles permite infundir realismo ás súas interpretacións e traballar desde unha proximidade íntima cos universos dos personaxes.

iria_ares_actriz_galega
actor_director_xoan_mejuto

#o texto

XOÁN CARLOS MEJUTO
EXISTENCIALISMO e TRANSICIONES POÉTICAS PARA UNHA ATMÓSFERA DE OPRESIÓN

“Quería facer unha adaptación que destilase o esencial do conflito. Encontrar onde reside a súa forza. Elexín esta obra pola súa escena final, que creo é unha das cimeiras do teatro realista. Nesa escena está resumido todo: Nora marcha porque ten que marchar. Estamos ante o principio de liberdade individual, de existencialismo.”
Xoán Carlos Mejuto

“As transiciones poéticas ameazan a liberdade de Nora. Son unha especie de “poesía razonada”. Responden á lóxica, non ao corazón. O contraste é magnífico. Pretenden retela na casa e no matrimonio. Son racionais, morales, asfixiantes…”
Iria Ares

Como ten que ser, Nora, como ten que ser…

No está en tu mano impedirlo,
por esa carta maldita,
Krostag será despedido,
tu esposo no cederá.

Como ten que ser, Nora, como ten que ser…

Non está na túa man evitalo,
por un cruel prestamista,
todo será revelado,
e Torvald ao fin saberá.

Como ten que ser, miña rula, como ten que ser…
que será,
a pomba coas alas caídas,
non pode aprender a voar.

VOZ POÉTICA

#a version

XOÁN CARLOS MEJUTO

Cando un se enfronta á adaptación dun clásico sempre se formula o dilema do grao de liberdade que se vai tomar para reinterpretalo, actualizalo ou directamente transgredilo ou violentalo; a quen se vai respectar máis, se ao autor adaptado ou a un mesmo.

Este grao de liberdade varía moito dependendo de múltiples factores, de maneira que a versión final pode acabar sendo pouco máis que unha mera tradución ou polo contrario unha verdadeira obra orixinal.

No caso desta versión de Casa de Bonecas o proceso ten sido realmente curioso. Pois tratando de ser bastante fiel e respectuoso coa historia de Nora encontramos espazos novedosos e, ao meu xuizo, fascinantes.

Non diría que chegue a ser unha obra orixinal, nin moito menos, pero sí creo que pode revelar aspectos da obra de Ibsen que se cadra polos condicionantes da súa época el decidiu camuflar ou como mínimo atenuar

fotos_casa-bonecas

A nosa versión de Casa de Bonecas artículase como un experimento escénico, tentamos contar a historia só a través das escenas do matrimonio Helmer: Nora e Torvald. Así de sinxelo.

Tras ter a intuición de que isto era posible, apenas era necesario poñer mans á obra e realizar unha adaptación escrupulosamente respectuosa co orixinal de Ibsen, consciente se cadra de que xa me tiña tomado bastantes liberdades con este marabilloso clásico.

O resultado é sorprendente. A ausencia de tramas secundarias e doutros personaxes enfronta irremisiblemente aos dous protagonistas recrudecendo o conflito que subxace na súa relación. Torvald Helmer acaba representando todas as forzas do antagonismo para Nora, e isto acentúa o conflito e destila todo o poder dramático da obra.

Grazas a este achádego estou relativamente satisfeito en canto ao dilema do que falaba ao comezo, querendo ser fiel a Ibsen creo telo sido comigo mesmo.

Xoán Carlos Mejuto
Autor da versión

“I don’t blame myself.
You see, Mr.Gittes,
most people never have
to face the fact that
at the right time and
the right place,
they’re capable of
ANYTHING.”

(Noah Cross. Chinatown. 1974)

#momentoestudo

A CARTA DE KROGSTAD

Ao afrontar a montaxe de calquera clásico, voltamos á eterna pregunta:
Que podemos ofrecerlle nós a Ibsen?

A nosa visión creativa: A escena da carta de Krogstad.
É posible que un marido viole á súa muller? Que tipo de atmosfera opresiva alcanzaría o seu clímax de perversión e podería derivar en semellante acto? Por que comparar a Ibsen e Strindberg?

En 1879, o momento álxido de Casa de Bonecas foi o portazo final. Un escándalo para a moral da burguesía e a alta sociedade europea. Unha muller que abandona o seu home e aos seus fillos? Unha puta ou unha tola.

A nosa aposta non está no portazo, que consideramos un símbolo, senón no que sucede antes, na decadencia da relación matrimonial e na perversión do sistema patriarcal: un home que trata a unha muller como un ser inferior é capaz de calquera cousa, se se dan as circunstancias adecuadas…

Iria_ares_actriz
xoan_carlos_mejuto

#inspiracions

A VENTÁ INDISCRETA (1954) CONSTRUCIÓN DE PERSONAXES e RELACIÓN CO PÚBLICO

Para 1879. Casa de Bonecas queremos que o espectador se comporte como un mirón. Plantexamos unha distancia espacial e temporal, para que se sinta cómodo e baixe a garda amparado no avatar do anonimato.

Plantexámoslle “unha mirada indiscreta” ao matrimonio, á intimidade a ás relacións co outro. Abrimos unha ventá, que se convertirá en espello e nos lanzará á cara as nosas verdades. 

Por que é Nora Helmer unha heroína?
En 1.879, Ibsen revoluciona o sistema moral de occidente convertindo en heroína a unha tirana, unha muller que abandona o seu fogar e se converte, cun portazo, no símbolo da liberdade feminina.

teatro_compañia

Pero… como construír unha Nora actual?
Volvamos ao cinema clásico de Hollywood, no que as mulleres tiraban o mellor de si mesmas… para conquistar aos homes.

O obxectivo final de Grace Kelly en A ventá indiscreta é “cazar ao cazador”. Poñer -literalmente-, o anel no dedo a James Stewart, o galán errante, o fotógrafo aventureiro que, a causa dun accidente, vése obrigado a observar, impedido.

Tomando esta idea de “parálise masculina” afrontamos a construción de personaxes: Helmer é un eivado moral. Só coñece o que ten aprendido da sociedade. Só sabe ser, o que se espera del. Nora, móvese por toda a casa buscando -de maneira inconsciente- a súa liberdade. Loita, enfréntase a ela, réndese e finalmente dá con ela. A diferenza de Kelly, a súa actividade non é só física, senón máis ben espiritual. A súa aventura terá o mellor dos finais: a milagre de espertar á súa propia consciencia.

A forza que pon fin ao conflito non é a forza fatal do destino, senón a rendición que eleva o espírito e converte a Nora nunha heroína existencial.

#fichatecnica

1879: CASA DE BONECAS

Versión e Dirección: Xoán Carlos Mejuto
Reparto:  Iria Ares y Xoán Carlos Mejuto
Diseño de iluminación: Antón Arias
Música e voz en off (galego): Tito Barbeito
Voz en off en castelán: Xaquín Domínguez
Escenografía e atrezzo: Estudo Momento
Vestiario: Carmen Casal
Maquillaxe e perruquería: Andrea Botana
Axudante de dirección: José Leis

Axudante de produción: Xaquín Domínguez
Técnicos en xira: Antón Cabado e Rubén Lamas
Produción: Estudo Momento
Colaboran: Diputación de A Coruña e sala Gurugú
Deseño gráfico: Bombo Estudio
Fotografías: Kinografías
Estrena: Centro Ágora A Coruña

Año: 2017
*Espectáculo incluido en la Rede Galega de Teatros e Auditorios
 *Espectáculo incluido na Red de Teatros y Auditorios
(dispoñible versión en castelán).

DISTRIBUCIÓN

distribucion@estudomomento.com
618 470 512