próximamente, presentaremos o noso novo proxecto: Escándalo en redacción

Cómo queres continuar?

Se chegaches ata aquí desde un Reel, un vídeo ou unha recomendación, esta é a porta de entrada ao universo de Estudo Momento.

TEATRO

Vive unha historia
Producións escénicas, xiras e universos teatrais.

EVENTOS CINEMATOGRÁFICOS

Pensa o cinema
Proxeccións, análises e homenaxes ao cinema clásico.

CANAL DE YOUTUBE

Descubre o proceso
Documentais, conversas e investigación audiovisual.

Arquivos de Redacción

Forma parte do proyecto

O xornal da comunidade de Estudo Momento.

Editorial

Non facemos páxinas para informar

Abrimos portas para continuar unha relación.

Estudo Momento crea experiencias culturais arredor do teatro, do cinema e do proceso creativo. A comunicación non aparece ao final: forma parte da obra.

Cinema

A produtora comeza o seu camiño a nivel internacional no Short Film Corner do Festival de Cannes de 2019, coa presentación de Badaladas de Amor e Morte, unha curtametraxe de cinema fantástico filmado en 16mm e BN. Unha homenaxe ao cinema de Orson Welles e ás súas versións cinematográficas Otelo, Macbeth e Badaladas a medianoite.

Queres coñecer o proxecto?.

corto_badaladas_amor_morte_cine

Teatro

Somos “estudosos” do noso oficio, aventureiros creativos en constante procura. Para elo fundamos, en paralelo á produtora cinematográfica, unha compañía teatral, con vocación internacional. Profundamos nos grandes textos do teatro universal para descubrir aqueles principios que nos permiten facer mellores películas.

Shakespeare, Ibsen, Strindberg… descubre a fondo as nosas obras.

Viaxes

Cannes, Clermont-Ferrand, Lisboa, Galicia, Montes Mágicos, Ruinas Románticas… Descubre as nosas visitas a Localizacións, Mercados de Cine e Festivais Internacionais, Todo sobre o “Como Se Fixo” dos nosos proxectos. Inspiracións. Reflexións artísticas e colaboracións… 

Abre o noso caderno de viaxe.