Distribución internacional por Selected Films Distribution
Dirección: Iria Ares
Produción: Estudo Momento
Reparto: Iria Ares y Xoán Carlos Mejuto
Narrador: Manuel Lourenzo
Texto orixinal: Roberto Vidal Bolaño
Fotografía: Fernando Jover
Música: Manu Conde
Dir. Artística: Marta Villar
Edición: Marino García
Lugar de rodaxe / Shooting Place: Galicia
Ano de produción / Year of production: 2019
Xénero / Genre: Ficción
Duración / Running time: 17 min.
País / Country: España
Mención Especial do Xurado
Semana Internacional Cine Autor Lugo
23/Nov/2020 – 27/Nov/2020
Mellor Dirección: Iria Ares
Final Girls Chile – Fest. Cine Fantástico (curtas )
07/Nov/2020 – 05/Nov/2020
Mellor Cortometraxe
Final Girls Chile – Fest. Cine Fantástico (curtas )
07/Nov/2020 – 05/Nov/2020
Ano
Festival
País
2019
International Imzir Short Film Festival 2019
Turquía
2019
Muestra Ibero de Cine Fantástico · Linares 2019
México
2019
Festival de San Martín del Rey Aurelio · Cinesan 2019
España
2019
Festival Montevideo Fantástico – Cortos 2019
Uruguay
2019
Kalpanirjhar Short FIction Festival
India
2019
Festival Cine Fantástico y Terror Granollers
España
2020
¡España Hoy! Film Festival
Estados Unidos
2020
Primavera do cine
Vigo
2020
Medina Film Festival – Sección FantasMedina
España
2020
Festival Cine a la Calle
Colombia
2020
MOTELX Festival de Cine de Terror de Lisboa
Portugal
2020
Festival de Cine de Astorga
España
2020
Festival de Cans
España
2020
España
2020
España
2020
Bizarrya Short Film Festival
España
2020
Amarcort Film Festival
Italia
2020
Final Girls
Chile
2020
Festival de cine CostaFrito
España
2020
FIBABC Festival Iberoamericano de Cortometrajes ABC
España
2021
Alibag Film Festival
India
2021
Jumpstart International Womens Film Festival
India
2021
FESCILMAR- Session for the first time Poland
Polonia
2021
Fancine de Lemos
España
2021
Festival De Cine FENACIR – Short
México
2021
Fargo Fantastic Film Festival
EE.UU
Badaladas de amor e morte conta a historia dunha muller cun cancro terminal que recorre aos poderes sobrenaturais para terminar coa súa vida.
As ruínas de Santa Mariña do Dozo e o máxico Monte O Pindo enmarcan esta lenda popular ambientada en Galicia e baseada no encontro entre a propia experiencia pagá e o fervor máis relixioso.
Romanticismo existencial dedicado a todos aqueles que souberon facer da morte afirmación de liberdade.
#localizacions
RUINAS DE SANTA MARIÑA DO DOZO (CAMBADOS)
O CEMITERIO MÁIS MELANCÓLICO DO MUNDO
Situadas no municipio de Cambados, as Ruínas de Santa Mariña do Dozo son declaradas Monumento Nacional en 1943.
O escritor Álvaro Cunqueiro (1911-1981) bautízaas como “o cemiterio máis melancólico do mundo”. E certamente, o é.
A Igrexa, presenta un estilo gótico con elementos renacentistas e destaca pola súa nave dividida en catro arcos románicos transversais. A particularidade é o seu cemiterio, situado no propio interior, que lle confire ao lugarunha atmosfera tráxica, cinematográfica e romántica. Digna -e máis que digna- dunha película de Orson Welles.
Escollemos este lugar convencidos de que, se tivese visitado Galicia, sen dúbida, Welles tería posto a súa cámara sobre estas ruínas como escenario para a súa historia. Como xa fixera no filme Otelo, transportándonos de maneira maxistral aos tempos do Mouro de Venecia, tecendo unha tea de araña e un puzzle arquitectónicos ao alcance dunhas poucas cabezas privilexiadas.
Como curiosidade, quixo o destino recompensar a nosa elección con outra marabilla: o coñecido como “Cristo de Leiro”, impoñente escultura de máis de tres metros do artista galego Francisco Leiro, que se encontraba presidindo o altar da capela principal durante os catro días que durou a nosa rodaxe.
#localizacions
Foi hai moito tempo.
Na cima dun monte esfuracado
polo lambetar do río.
Os castros arremuiñábanse
na fervura e o quecer das armas,
loitando por atallar a larpadela dos foraños.
E os de aquí, como agora, perdían.
A noite da derradeira batalla,
os ventos desta encrucillada
tinxíronse co sangue daqueles
que escolleran facer da morte
afirmación de liberdade.
Chegaron por centos.
Acochaban, no algueireo festeiro
das grandes celebracións,
os laios de anguria e de rabia
de quen morrían a cada pouco,
para que non soubesen da súa dor,
os que agardaban gozar coa gustanza da vitoria.
Afastábanse da vida
bébedos de lume, viño e cantigas.
Este poema de Vidal Bolaño abre a curtametraxe -con narración de Manuel Lourenzo-.
Baseado na lenda do asedio ao Monte Medulio, durante o cal se conta que os castrexos -“denantes mortos que escravos”-, escolleron o suicidio colectivo como pobo, antes que deixarse conquistar polos invasores romanos.
Ninguén sabe con certeza onde está situado este lendario monte, pero son moitas as teorías que apuntan ao Monte Pindo. E esa foi precisamente a localización que escollimos para a nosa curtametraxe. Punto de partida para a narración, a viaxe eterna da vida, que sempre termina coa morte.
IRIA ARES
DIRECTOR´S STATEMENT: A TRIBUTE TO ORSON WELLES
É posible rodar hoxe en día como en tempos de Orson Welles?
Badaladas de Amor e Morte é unha homenaxe ao cinema, rodado en B&N e 16mm, pretende reproducir as técnicas cinematográficas que o director deixa establecidas nos seus filmes shakesperianos “Macbeth”, “Otelo” e “Badaladas a medianoite”.
Partindo da obra “Bailadela da Morte Ditosa”, do dramaturgo galego Roberto Vidal Bolaño, o obxectivo é rescatar a esencia das grandes adaptacións teatrais.
Dúas persoaxes e unha única protagonista, a morte. Destino liberador das paixóns e temores dun matrimonio que loitará contra forzas que superan o seu entendimento.
Macbeth e Lady Macbeth, Otelo e Desdémona, Falstaff e o Rei Enrique V, parellas unidas para a eternidade no amor…, e na morte.
O reto non é simplemente homenaxear a técnica cinematográfica, senón a relación do autor cos propios materiais de creación e cos seus equipos técnico e artístico.
O debut en película de 16mm responde ao reto lanzado polo propio Welles no documental “Con Orson Welles. Unha vida no cine” de la BBC:
“Os meus inicios no cine foron sinxelos. Tiña a confianza da ignorancia. Ao non saber nada acerca do tema, non había base para ter medo. Se ignoras o que hai, se vas camiñando polo lado dun acantilado e non sabes que está aí, sentes unha total confianza. Eu descubrín o acantilado no cine cando xa levaba algún tempo metido nel”. (Orson Welles).
PASIÓN POR EL CINE CLÁSICO
Inspirado en un poético relato de Roberto Vidal Bolaño, Baladas de Amor y Morte aborda la inminencia de la muerte de una mujer joven, víctima de una epidemia que ya se ha cobrado la vida de numerosos vecinos. Su marido permanece a su lado, impotente y abrumado. El cortometraje evoca la estética de Campanadas a medianoche, con un blanco y negro lleno de sombras y contrastes. Gracias a una cámara que filma audaces angulaciones, el poder de la muerte se hace opresivo, creando una atmósfera trágica similar a la de El séptimo sello, donde una partida de ajedrez intenta demorar el inevitable fin.
Las interpretaciones son sinceras, emotivas y nada afectadas. La combinación de distintos elementos contribuye a seducir desde las primeras imágenes: la voz del narrador en gallego, que evoca la literatura de Álvaro Cunqueiro, un cuervo como el de Poe, los difuntos que regresan de la muerte, recordando la precariedad de la existencia. En definitiva, un excelente y original cortometraje situado a medio camino entre lo fantástico y la reflexión existencial. Se agradece el acento metafísico en una época donde el cine huye de las grandes preguntas.
BLOGUE #EntreClásicos