AVISO LEGAL

O presente aviso legal establece as condicións de uso do sitio web “https://www.estudomomento.com” en adiante web, propiedade de Estudo do Momento S.C. (en adiante, a empresa), con domicilio en R/Doutor Fleming 21, 1ºIzq. 15800 • Melide, A Coruña e con enderezo de correo electrónico info@estudomomento.com e con CIF: J70519699

O acceso ao sitio web atribúe a condición de Usuario e implica a aceptación plena e sen reservas por parte do Usuario, de todas e cada unha das condicións incluídas neste Aviso legal.

Todos os dereitos de propiedade intelectual do dominio web así como dos seus contidos pertencen, ben á empresa, ben a terceiras persoas, polo que ningún Usuario está autorizado a facer uso deles, nin imprimilos nin almacenalos baixo ningún soporte físico en ningún caso que non sexa o da súa utilización persoal e privada. Quedando, pois prohibida a modificación ou a utilización comercial de calquera parte da mesma. Tan só se autoriza a utilización dos contidos do dominio web con fins informativos e de servizo, sempre que se cite ou se faga referencia á fonte, sendo o Usuario, o único responsable do mal uso dos mesmos.

Para acceder á información contida no sitio web e facer uso dos servizos ofrecidos, os menores de idade deben obter previamente permiso dos seus pais, titores ou representantes legais.

Os datos, textos, informacións, gráficos ou vínculos publicados na web, son recopilados con efectos simplemente informativos para todas aquelas persoas interesadas nos mesmos sen que, o seu acceso, xere relación comercial, contractual ou profesional entre os Usuarios e a empresa. A empresa resérvase o dereito de modificar os contidos do dominio web sen previo aviso.

Os enlaces e hipertexto que, no seu caso, posibiliten o acceso a través do sitio web a prestacións e servizos ofrecidos por terceiros, non pertencen nin se encontran baixo o control da empresa, polo que non se fai responsable nin da información contida nos mesmos nin de calquera efectos que puidesen derivarse de dita información.

Infórmase que os datos incluídos neste formulario, conforme ao previsto no Regulamento 2016/679 Europeo de Protección de Datos se informa, conforme ao establecido no artigo 5, dos seguintes principios relativos ao tratamento de datos persoais que é necesario considerar:

Os datos persoais recollidos a través do correo electrónico info@estudomomento.com formarán parte dun ficheiro automatizado responsabilidade da empresa.

En nome da empresa tratamos a información que nos facilita co fin de prestarlles o servizo solicitado e realizar a facturación do mesmo. Os datos proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación comercial ou durante os anos necesarios para cumprir coas obrigas legais. Os datos non se cederán a terceiros salvo nos casos en que exista unha obriga legal ou naqueles casos nos que se proceda a entregar datos en forma de informe a terceiros.

Vostede ten dereito a obter confirmación sobre se en Estudo do Momento estamos tratando os seus datos persoais por tanto ten dereito a acceder aos seus datos persoais, rectificar os datos inexactos ou solicitar a súa supresión cando os datos xa non sexan necesarios.

Responsable: Xoán Carlos Mejuto Seoane – NIF: 32423980-J con enderezo en R/Doutor Fleming 21, 1ºIzq. 15800 · Melide, A Coruña. Correo electrónico: info@estudomomento.com

O Usuario ten terminantemente prohibido introducir calquera tipo de virus no dominio web, así como intentar acceder aos datos do mesmo, modificalos, acceder ás contas de correo, mensaxes, etc.

A empresa non será responsable das infraccións de calquera Usuario que afecten aos dereitos de outro Usuario da web, ou de terceiros, incluíndo os dereitos de copyright, marcas, patentes, información confidencial e calquera outro dereito de propiedade intelectual ou industrial.

A empresa fará uso das accións civís ou penais que por lei corresponda, ante calquera utilización indebida do seu dominio web. Os litixios que puidesen xurdir en relación a este dominio rexeranse tan só polo dereito español, someténdose aos Xulgados e Tribunais competentes na provincia de A Coruña.